Church finder

Igrexa de Santo Estevo de Sandiás

Sandiás, Galicia

Roman Catholic

History

A igrexa de Santo Estevo é o templo da parroquia de Santo Estevo de Sandiás (Ourense). É de estilo gótico tardío ou como afirman algúns autores "Unha das máis fermosas do renacemento galego", estilos pouco frecuentes en Galicia. Foi construída antes de 1520 polo mestre de cantería de orixe portuguesa Bartolomeu de Nosendo. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha. No interior, os arcos descansan sobre columnas acaroadas ós muros, con capiteis que presentan motivos renacentistas. O retablo maior de Santo Estevo de Sandiás, obra de Francisco de Moure, é dunha grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII.

From Wikipedia, CC BY-SA

Other churches near Sandiás, Galicia